Coñécenos

Paixón e gusto polo mellor sabor

Conxelados José Bermúdez foi, desde as súas orixes, un negocio familiar que soubo adaptarse ás necesidades e esixencias do mercado. Somos testemuño do valor do esforzo, a constancia e a dedicación, presentes desde os primeiros tempos da empresa.

A historia de Conxelados José Bermúdez remóntase á segunda metade do século XX, cando José Bermúdez emigrou a Alemaña. Como tantos galegos da súa xeración, pasou un longo período traballando lonxe da súa terra, aprendendo a ser independente e descubrindo valores fundamentais como a responsabilidade e a ética profesional.

O 07/10/2025, a empresa inicia unha nova etapa baixo o nome de Conxelados Paz S.L.U., mantendo intactas as súas raíces e o seu espírito familiar, así como o nome comercial. Este cambio representa unha evolución natural do proxecto, reforzada por unha imaxe renovada e un novo logotipo que simboliza frescura, modernidade e continuidade. Seguimos sendo quen sempre fomos, pero cunha identidade que reflicte con agarimo quen somos hoxe.

Ao seu regreso a Galicia, José Bermúdez funda, en 1975, o primeiro dos negocios vinculados ao mar, centrado na venda de bacallau. Cunha firme crenza na calidade e na excelencia, asentouse a reputación de José Bermúdez.

Percorrendo mercados e prazas, a venda de bacallau realizábase de forma ambulante. Isto permitiunos coñecer a clientes de todas partes, os seus gustos e preferencias á hora de escoller o mellor produto para a súa familia. Co paso do tempo, e coa incorporación de José Bermúdez fillo e a súa muller Lela, o negocio dá o salto á praza de Abastos de Santiago de Compostela, onde se asintan nos anos 80.

Cun pequeno establecemento de venda de bacallau e outra tenda de venda de peixe e marisco conxelado, o negocio foi prosperando aos poucos. Cada vez íanse facendo máis populares entre a clientela compostelá, que descubriu produtos do mar de excelente calidade que conservaban todo o sabor a través do proceso de conxelado.

A visión empresarial de Lela foi fundamental para sentar as bases do que hoxe é Conxelados José Bermúdez. Soubo identificar o enorme potencial que ofrecía a Praza de Abastos, tanto pola súa importancia comercial como polo seu atractivo turístico e a crecente afluencia de visitantes e peregrinos que chegan a Santiago tras percorrer o Camiño de Santiago.

Case cincuenta anos despois dos seus inicios, Conxelados José Bermúdez continúa sendo unha empresa familiar. Actualmente, baixo a dirección de Óscar Paz e Sofía Fernández, familia distinta á fundadora, o negocio mantén o compromiso coa calidade, a proximidade e o servizo que caracterizaron a súa traxectoria. Asumiron a remuda preservando os valores que definiron o negocio desde as súas orixes, fortalecendo a súa presenza na cidade, explorando novas oportunidades e adaptándose ás demandas do mercado actual.

Cun profundo coñecemento da excelente calidade do peixe e marisco galegos, en Conxelados José Bermúdez seguimos apostando polos mellores produtos do mar. Ademais de seleccionar coidadosamente especies das nosas costas, incorporamos produtos procedentes doutras rexións do mundo que destacan pola súa calidade, sabor e excelente nivel gastronómico.

Ao longo dos anos, mantivemos os mesmos valores cos que se fundou o negocio: compromiso coa calidade, atención personalizada e profundo coñecemento dos nosos produtos.

Cada peza que vendemos é un reflexo do esforzo, dedicación e paixón polo mar que sente a nosa familia. Seguimos traballando, orgullosos de continuar con esta tradición familiar, levando o mellor sabor do mar á túa mesa.

Os nosos clientes

Atención personalizada

Case medio século de permanencia no sector, a nosa experiencia para seleccionar e vender produtos do mar de máxima calidade diferéncianos. Queremos axudarche na elección do marisco e peixe perfecta e asegurarémonos de que goces da mellor experiencia. Confía en José Bermúdez e enriquece os teus pratos cun sabor e frescura exquisitos.