Categorías

¡O máis vendido!

Peixe espada

Peixe espada Ampliar


12,99.- €/kg

Máis detalles

12,99 €

Familia: Pescados enteiros

Subfamilia: Peixe espada

 

O peixe espada é un peixe mariño de gran tamaño, con carne compacta e aromática. Confúndese habitualmente co emperador, xa que teñen unha carne moi parecida.

Caracterízase pola fusión e prolongación dos osos da mandíbula superior, que forman un pico ríxido similar a unha espada. Como curiosidade, na súa etapa adulta perden tódolos seus dentes e escamas.

O seu corpo é de cor azul ou negro, excepto da parte ventral, que é prateada.

O peixe espada habita en tódolos océanos, aínda que prefire as augas mornas do Mar Mediterráneo e do Mar Negro. Durante o día atópase a profundidades de entre 200 e 800 metros e achégase á superficie pola noite.