Categorías

¡O máis vendido!

Barrigas de bacallau

Barrigas de bacallau Ampliar

9,95 €/kg

Máis detalles

9,95 €

Comercializamos o bacallau tradicional, o de toda a vida, curado, semicurado ou desalgado; sempre da mellor calidade. Pola nosa dilatada experiencia sabemos como facelo.

 

O proceso que experimenta o bacallau seco, iniciase coa súa captura nos caladoiros do círculo polar ártico: Terranova, Islandia, Lofoten, Svalbard, Barents, ou o que para nós é o mellor, o das Illas Faroe.

 

Despois da súa captura por medio de artes de pesca sostible (á liña), trasládase a porto onde se eviscera e salga polo método tradicional de moinas de sal e peixe, permanecendo polo menos durante dous meses en repouso. Unha vez transcorrido este tempo, e segundo as esixencias do mercado, retírase do sal, e pasa ás salas de secado onde, cunha circulación continua de aire seco remátase de deshidratar.

 

Tras este proceso obtense un produto de alto rendemento culinario (xa que ten pouca auga, pouca espiña e non ten vísceras), grande valor nutritivo con aportes soberbios en ácidos Omega-3 e Vitamina D, que é especialmente importante no crecemento e calcificación dos osos (sobre todo en latitudes como a nosa onde temos poucas horas de luz solar ao ano -¡sabíano ben as nosas aboas!-), e moi rendible economicamente, xa que o prezo medio é inferior ao de moitos peixes frescos.

 

As barrigas de bacallau son un produto cun gran potencial debido ás súas características: carne tenra, con apenas espiña e moi doado de cociñar. Posúen un tamaño e grosor variable xa que se seleccionan de bacallaus de diferentes tamaños.