Categorías

¡O máis vendido!

Lombo longo de bacallau extra

Lombo longo de bacallau extra Ampliar


13,50 €/kg

Máis detalles

13,50 €

Comercializamos o bacallau tradicional, o de toda a vida, curado, semicurado ou desalgado; sempre da mellor calidade. Pola nosa dilatada experiencia sabemos como facelo.

 

O proceso que experimenta o bacallau seco, iniciase coa súa captura nos caladoiros do círculo polar ártico: Terranova, Islandia, Lofoten, Svalbard, Barents, ou o que para nós é o mellor, o das Illas Faroe.

 

Despois da súa captura por medio de artes de pesca sostible (á liña), trasládase a porto onde se eviscera e salga polo método tradicional de moinas de sal e peixe, permanecendo polo menos durante dous meses en repouso. Unha vez transcorrido este tempo, e segundo as esixencias do mercado, retírase do sal, e pasa ás salas de secado onde, cunha circulación continua de aire seco remátase de deshidratar.

 

Tras este proceso obtense un produto de alto rendemento culinario (xa que ten pouca auga, pouca espiña e non ten vísceras), grande valor nutritivo con aportes soberbios en ácidos Omega-3 e Vitamina D, que é especialmente importante no crecemento e calcificación dos osos (sobre todo en latitudes como a nosa onde temos poucas horas de luz solar ao ano -¡sabíano ben as nosas aboas!-), e moi rendible economicamente, xa que o prezo medio é inferior ao de moitos peixes frescos.

 

Os lombos longos son pezas grandes e unha opción ideal para os que buscan un lombo de calidade cun sabor excelente a un bo prezo.

As clientas que mercaron este produto tamén mercaron: