Categorías

¡O máis vendido!

Raxos de Pulpo/Polbo cocido

Raxos de polbo cocido Ampliar

34,97.-€/kg

Máis detalles

34,97 €

Familia: Cefalópodos

Subfamilia: Polbo

 

O polbo é un molusco cefalópodo moi común no Atlántico Oriental e no Mar Mediterráneo. Habita en augas superficiais, podendo chegar ós 100 metros de profundidade.

Normalmente ten un ton marrón, aínda que pode cambiar tanto a cor da pel como a textura. Consta dunha gran cabeza ovalada e 8 tentáculos, con dúas filas de ventosas cada un. Baixo os tentáculos atópase a boca.

De actividade nocturna, é un animal carnívoro, que se alimenta de crustáceos pequenos, bivalvos e peixes, o que lle confire un sabor exquisito. De día permanece oculta en gretas ou cavernas.

O polbo ofrece infinidade de preparacións culinarias. Ademais do tradicional polbo á feira (a súa versión máis coñecida), pode prepararse á brasa, en vinagreta, con ameixas, etc. É un alimento baixo en hidratos de carbono, rico en proteínas e practicamente sen graxa.