Categorías

¡O máis vendido!

SOBRE A EMPRESA


1.       Qué podo comprar en C. JOSÉ BERMÚDEZ S.L.?

Ofrecémoslle exactamente o mesmo que na nosa tenda física. Poderá comprar tódolos nosos produtos, sen excepción, ao mesmo prezo que se estivese comprando na Praza; sendo estes, sen lugar a dúbidas, os mellores prezos coa mellor calidade do mercado.

 

2.       Cómo podo contactar con C. JOSÉ BERMÚDEZ S.L.?

Se ten algún problema ou dúbida, soamente ten que enviarnos un e-mail a tenda@josebermudez.es ou chamar ao teléfono 981.583.115, en horario de 07:00 a 15:00, e intentaremos solucionalo á maior brevidade posible.

 

3.       A que zonas envía os seus produtos C. JOSÉ BERMÚDEZ S.L.?

Distinguimos dúas zonas de envío dependendo do servizo de transporte que empreguemos:

-          ZONA DE SANTIAGO (Servizo a domicilio da Praza de Abastos de Santiago):

Ademais do propio concello de Santiago, o reparto da Praza esténdese nun radio de 15 km. dende o centro da cidade. Isto é, chegamos ata Os Ánxeles - Bertamiráns, A Picaraña, Pontevea, Cacheiras, A Ramallosa, Lestedo, Lavacolla, Trazo, O Milladoiro - Ames e Sigüeiro.

-          RESTO DO TERRITORIO ESPAÑOL:

Enviamos os nosos produtos ao resto do territorio peninsular español a través da empresa de distribución Narval.

 

4.       C. JOSÉ BERMÚDEZ S.L. realiza envíos a Baleares, Canarias e ás cidades autónomas de Ceuta e Melilla?

Contacte con nós a través do e-mail tenda@josebermudez.es ou do teléfono 981.583.115, en horario de 07:00 a 15:00, e darémoslle un presuposto personalizado para o seu envío.

 

5.       C. JOSÉ BERMÚDEZ S.L. fai envíos internacionais?

Contacte con nós a través do e-mail tenda@josebermudez.es ou do teléfono 981.583.115, en horario de 07:00 a 15:00, e darémoslle un presuposto personalizado para o seu envío.

 

 

SOBRE A COMPRA

 

6.       Cómo podo comprar en C. JOSÉ BERMÚDEZ S.L.?

Poderá realizar a súa compra de tres xeitos distintos:

-       A través da nosa tenda online

-       Por teléfono: 981.583.115

-       Por correo electrónico: tenda@josebermudez.es

 

Pincha aquí e consulta tódolos pasos para comprar a través da nosa tenda online.

 

7.       É necesario rexistrarse para comprar?

Non é necesario. Vostede pode realizar a súa compra como “Invitado”. Terá que proporcionarnos igualmente uns datos de contacto, pero non quedará rexistrado como cliente.

Dende C. JOSÉ BERMÚDEZ S.L. aconsellámoslle rexistrarse para a súa propia comodidade en futuras compras.

 

8.       Por que o prezo dos produtos ao peso é indicativo?

En C. JOSÉ BERMÚDEZ S.L. non estipulamos un prezo pechado por peza indicando un peso aproximado da mesma, senón que cobramos unicamente polo produto que vostede compra. Nin máis, nin menos.

O cliente poderá calcular o prezo aproximado da súa compra indicando o peso que lle gustaría comprar. Unha vez tramitado o pedido e pesados os produtos de xeito exacto, procederase a enviar un e-mail co prezo final.

 

9.       Está o IVE incluído no prezo?

Si, os prezos indicados en pantalla son en euros e inclúen o IVE. Se fose aplicable calquera outro imposto, así se indicaría.

 

10.   É necesario facer un pedido mínimo?

Non existe un mínimo de compra para poder tramitar o seu pedido.

 

11.   Onde podo ver as ofertas?

Habitualmente haberá algún produto de oferta para que vostede aforre na súa compra. Poderá visualizar estes produtos no apartado “Promocións”.

Por outra parte, eventualmente lanzaremos outro tipo de promocións (sorteos, concursos) a través das nosas redes sociais para premiar a súa fidelidade.

 

 

SOBRE O PAGO

 

12.   Cómo sei o importe final exacto do meu pedido?

No caso de que o seu pedido inclúa produtos ao peso, en canto estes se preparen e pasen pola báscula, procederemos a enviarlle un e-mail para indicarlle o prezo final exacto do seu pedido. Deste xeito, pagará unicamente polo que compre.

 

13.   Qué formas de pago podo empregar?

Nos envíos da zona de Santiago de Compostela e da súa área metropolitana, vostede pagará no momento de recibir a mercancía. Aboará o pedido contra reembolso sen ningún tipo de custe adicional.

Nos envíos ao resto do territorio peninsular español, vostede pagará mediante transferencia bancaria previa ao envío do pedido e recibirá este unha vez comprobemos que o pago está realizado.

 

 

14.   Como se calculan os gastos de envío?

Nos pedidos a Santiago de Compostela e a súa área metropolitana:

-       Envío do pedido gratuíto para compras superiores a 60€.

-       Envío do pedido cun custe de 2€ para compras inferiores a 60€.

Nos pedidos ao resto do territorio peninsular, o custe variará en relación ao peso do paquete e á zona á que vaia destinado o produto. Consulte aquí as zonas de entrega e a táboa de prezos correspondentes.

 

 

SOBRE O PEDIDO E O ENVÍO

 

15.   Cómo sei se o meu pedido se realizou correctamente?

Unha vez realizado o pedido, recibirá automaticamente na súa dirección de correo electrónico un e-mail coa confirmación do mesmo. A maiores, cando o pedido estea preparado enviarase outro e-mail informativo.

 

16.   Podo anular un pedido?

Si. Sempre e cando o seu pedido non estea tramitado, pode anulalo chamando ao teléfono 981.583.115 en horario de  07:00 a 10:00 de luns a sábado.

 

17.   Podo escoller a data do envío do pedido?

Si, sempre e cando se deixe constancia deste cambio. Fágallo constar ao noso persoal se a súa compra se realiza a través do teléfono ou do correo electrónico. Se a súa compra é a través da tenda online terá un cadro de texto onde deixar comentarios e especificar a preferencia na data do envío.

 

18.   Variarán os prezos dos produtos se escollo a data do envío?

Si. Soamente nos comprometemos co prezo establecido no propio día da compra.

A comercialización de produtos derivados da pesca ou a agricultura pode estar sometido a flutuacións diarias do prezo.

 

19.   Qué teño que facer se me chega un produto en malas condicións ou un pedido equivocado?

Vostede deberá revisar o estado do pedido no momento da súa entrega. Se detecta calquera incidencia, chámenos ao teléfono 981.583.115, fágao constar no albará de entrega e rexéiteo. Dado que estamos a falar de produtos perecedoiros, transcorridas 24 horas non nos facemos cargo da devolución do produto.

 

20.   Que podo facer se o pedido non me chega no prazo establecido?

O noso compromiso é total con respecto aos prazos establecidos. Estes variarán dependendo do tipo de envío seleccionado:

 

-       Zona de Santiago (Servizo a domicilio da Praza de Abastos de Santiago):

 

Sempre e cando o pedido se faga antes das 12 da mañá, vostede recibirá a mercancía no mesmo día antes das 19:00 horas, a excepción do domingo, xa que non dispoñemos de servizo de reparto.

No caso de realizar o pedido despois das 12 da mañá, a entrega da mercancía terá lugar antes das 19:00 horas do día seguinte da realización do pedido, a excepción do domingo.

 

-       Resto do territorio español (Transportes Frigoríficos Narval):

Dependendo da zona de entrega, vostede recibirá o seu pedido entre 24 e 72 horas despois da confirmación do mesmo. Informámoslle de que, no caso de vivir nun edificio, deberá recoller o pedido no seu portal, xa que Transportes Frigoríficos Narval non fai reparto porta por porta. Consulte aquí as diferentes zonas de entrega.

 

Debe ter en conta que sempre pode producirse algún retraso ocasionado por  ausencias no domicilio, erros nos enderezos ou fallos imprevistos no servizo de transporte.

Se sabemos que o pedido se vai retrasar por algún motivo, poñerémonos en contacto con vostede para informarlle da incidencia.

Se o pedido non chegase, envíenos un e-mail a tenda@josebermudez.es ou chámenos ao teléfono 981.583.115, en horario de 07:00 a 15:00, e intentaremos solucionar o problema á maior brevidade posible. Teña a absoluta seguridade de que en caso de extravío do seu pedido devolverémoslle o importe da súa compra ou procederemos a enviarlle outro de igual contía.

 

21.   Como sei que tipo de envío debo escoller?

Se vostede vive na zona de Santiago de Compostela e a súa área metropolitana poderá acollerse ao reparto do Servizo a domicilio da Praza de Abastos de Santiago de Compostela.

Se vive en algunha outra zona do territorio español, deberá escoller o envío normal.

Recorde que tamén pode pasar a recoller a súa compra por calquera dos nosos postos situados na Praza de Abastos de Santiago de xeito gratuíto a partir das 13:00 horas de luns a sábado.

 

22.   É posible que o meu produto chegue desconxelado?

É altamente improbable que iso suceda.

No caso do reparto de produtos mediante o Servizo a domicilio da Praza de Abastos de Santiago, o pedido viaxa en vehículo isotérmico con temperaturas controladas tanto no propio vehículo como na consigna frigorífica da propia praza, mantendo sempre a cadea de frío.

No caso do envío ao resto do territorio español, a empresa de distribución de produtos refrixerados e conxelados recolle os pedidos xa preparados e lévaos en vehículos adaptados ata a cidade de destino, onde serán repartidos nos seguintes días. A cadea de frío permanece intacta en todo momento.

 

23.   Podo solicitar unha factura profesional?

Si, sempre e cando nolo indique no momento da compra.

 

 

SOBRE OS SEUS DATOS PERSOAIS

 

24.   Onde quedan rexistrados os meus datos persoais?

En cumprimento do disposto na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de Decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, tódolos datos de carácter persoal que nos proporcione a través da páxina web son incorporados nun ficheiro, creado e mantido baixo a responsabilidade de C. JOSÉ BERMÚDEZ S.L..

 

25.   Podo solicitar que eliminen os meus datos dos seus ficheiros?

Si. O Usuario poderá exercitar o seu dereito de acceso, rectificación, cancelación e no seu caso, oposición, ao tratamento dos seus datos de carácter persoal, nos termos e condicións previstos na LOPD.

Para exercitar tales dereitos, e para calquera aclaración, poderá contactar connosco por correo ordinario a:

 

C. JOSÉ BERMÚDEZ S.L. (Protección de Datos)

Praza Abastos, Núm. 195

15704. Santiago de Compostela. A Coruña.