Categorías

¡O máis vendido!

COMO SE TRAMITAN OS PEDIDOS A TRAVÉS DA WEB?

 

1. O usuario engadirá ao carro da compra (representado por un símbolo dunha bolsa) os produtos que desexe comprar.


2. Estes produtos quedarán gardados no mencionado carro da compra, que o usuario poderá localizar na parte dereita do menú da páxina.


3. Unha vez engadidos tódolos produtos, o usuario terá que acceder ao carro da compra pinchando no enlace mencionado no anterior punto.


4. Unha vez dentro, o usuario pode comprobar os produtos seleccionados, así como o desglose do prezo. Pode tamén eliminar produtos mediante o botón “Eliminar” ou variar a cantidade dos produtos seleccionados.


5. Para seguir comprando, o usuario unicamente terá que volver ao inicio ou premer no botón “Continuar a compra” que se atopa debaixo do cadro de desglose, sen preocuparse polos produtos xa mercados porque estes quedan gardados no carro.


6. Para continuar co proceso de compra o usuario premerá o botón “Seguinte”.


7. A continuación, o sistema dálle ao usuario as seguintes opcións:

  • Identificarse: no caso de xa se ter rexistrado en algunha ocasión anterior, o usuario deberá escribir o seu correo electrónico e a súa contrasinal para que o sistema poida acceder aos seus datos.
  • Crear unha nova conta: o sistema pediralle ao usuario os seguintes datos de xeito obrigatorio:
    • Nome, apelidos e NIF
    • Correo electrónico
    • Contrasinal
    • Enderezo para posteriores envíos
    • Número de teléfono para contactar en caso de non atoparse no domicilio
  • Pedido instantáneo: o usuario terá que dar os mesmos datos que no caso anterior para efectuar o pedido, pero non quedará rexistrado como cliente. Aconsellamos ao usuario que se rexistre para a súa propia comodidade en futuras compras.

 

8. Para continuar co proceso de compra, o usuario premerá no botón “Continuar”.


9. O sistema amósalle o seu enderezo de entrega e de facturación e permítelle cambialo por outro xa rexistrado ou incluír un enderezo novo.


10. O usuario conta neste momento cun cadro de texto por si precisa comentar algo en relación ao seu pedido (preferencias na data de envío, se precisa factura, etc.)


11. Para continuar co proceso de compra, o usuario premerá o botón “Seguinte”.


12. A continuación, deberá escoller a forma de entrega do pedido (o sistema recalcula o prezo automaticamente):

  • En tenda: gratuíto
  • Mediante o servizo a domicilio da praza: 2€ para compras inferiores a 60€ e gratuíto para compras superiores a 60€
  • Envío nacional a través de Transportes Frigoríficos Narval: a cantidade varía segundo o peso do seu pedido e a zona á que se envía.

 

13. O usuario deberá aceptar as Condicións e termos de venda.


14. Novamente, aparece un cadro resumo co prezo e á opción de envío seleccionada.


15. Se se desexa volver á páxina anterior, o Usuario debe pinchar no botón “Anterior”.


16. Polo contrario, ao pinchar no método de pago, aparece unha pantalla na se que indica o prezo final do pedido e ofrece a opción de “Confirmar o pedido” ou volver á pantalla anterior.


17. Para finalizar a compra, o usuario deberá pinchar en “Confirmar o pedido”.


18. Un e-mail chegará á conta de correo tenda@josebermudez.es

 

19. Preparación do pedido:

  • Se o pedido non contén produtos ao peso, enviarémoslle un e-mail coa confirmación final do pedido.
  • Se o pedido inclúe produtos ao peso, unha vez pasados pola báscula e coñecido o prezo exacto dos mesmos, procederemos a enviarlle un e-mail co prezo exacto final.

 

20. Cobro do envío:

  • Se escolleu como forma de entrega o Servizo a Domicilio da Praza de Abastos, vostede pagará no momento de recibir a mercancía no enderezo sinalado.
  • Se vostede prefire recoller o pedido na propia tenda sita na Praza de Abastos, pagará no momento de recoller a mercancía.
  • Se vostede precisa un envío nacional, procederá a pagar a través de transferencia bancaria. Cando recibamos a confirmación dese pago, entregaremos a mercancía á empresa de distribución de produtos refrixerados e conxelados, que llo entregará no seu domicilio.